Miranda e o director da Fundación España Salud planifican a colaboración a desenvolver durante o novo ano entre ambas institucións en Venezuela
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con Álvaro Gómez, director da Fundación España Salud para fixar a planificación de colaboración entre ambas institucións en Venezuela durante o ano que acaba de comezar.
Tal e como recordou o secretario xeral da Emigración, a Xunta mantén un acordo de 100.000 euros coa Fundación España Salud para continuar a axudar no ámbito socio sanitario aos galegos e galegas residentes no país. A Fundación España Salud é unha das entidades, xunto a outras coas que tamén colabora a Xunta de Galicia no país, que dá atención sanitaria, tanto de tipo médico como farmacéutica, a galegas e galegos con baixos recursos económicos e, normalmente, de avanzada idade. En total, a FES ofrece axuda neste ámbito a máis de 1.300 galegas e galegos.
Novas relacionadas