Miranda e Dobarro participan nas homenaxes de catro entidades da diáspora no 50 aniversario da ofrenda floral a Rosalía, primeira misa que se celebrou en galego, e que foi presidida por Feijóo e Rueda

Na ofrenda floral tomaron parte tamén, simbolizando a presenza de Arxentina e Uruguai respectivamente, dous alumnos de ‘Escolas Abertas’.

No acto tamén estiveron presentes os conselleiros do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana Carballo, e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez. 

O oficio relixioso en lembranza da poetisa galega máis universal, que se viña desenvolvendo en latín cada 25 de xullo no Panteón de Galegos Ilustres desde o ano 1932, trocouse ao galego en 1965 coa aprobación do cardeal Quiroga.

  • O presidente e o vicepresidente da Xunta de Galicia presidiron as ofrendas
    O presidente e o vicepresidente da Xunta de Galicia presidiron as ofrendas
  • Catro entidades galegas da diáspora participaron na homenaxe anual á universal poetisa galega
    Catro entidades galegas da diáspora participaron na homenaxe anual á universal poetisa galega
  • O secretario xeral da Emigración, á dereita da imaxe, durante a ofrenda floral a Rosalía de Castro
    O secretario xeral da Emigración, á dereita da imaxe, durante a ofrenda floral a Rosalía de Castro

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2015.

O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o vicepresidente Alfonso Rueda; os conselleiros do Medio Rural e Do Mar, Rosa Quintana; e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o seu homólogo de Política Lingüística, Valentín García Gómez; e mailo delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, participaron na ofrenda floral a Rosalía de Castro, coa que conclúe cada ano, e desde hai exactamente medio século, á misa na honra da universal poetisa de Padrón. O acto está organizado polo Foro Galicia Milenio, que preside Marcelino Agís. O presidente e o vicepresidente presidiron a misa e as ofrendas

A transcendencia deste acto no ámbito da defensa do idioma autóctono vén dado por ser o primeiro oficio que se celebrou oficialmente en galego. Nesta ocasión, e pola relevancia da efeméride, catro foron as entidades da diáspora que se uniron á celebración con cadansúa ofrenda: a Federación Unión de Asociacións Galegas da República Arxentina, a Federación de Sociedades Galegas en Uruguai, o Centro Gallego de Bos Aires, e mailo Centro Galicia da capital arxentina.

Representando a destas entidades participaron tamén no depósito de flores dous residentes en Arxentina e Uruguai, respectivamente, integrantes do programa ‘Escolas Abertas’ da Secretaría Xeral da Emigración. Este programa, polo que teñen xa pasado máis de 700 alumnas e alumnos, axuda á actualización do profesorado encargado de impartir cursos de cultura galega por todo o mundo.

Azos para continuar
A misa en lembranza de Rosalía de Castro celebrárase por primeira vez no ano 1932 da man de Xosé Mosquera Pérez (coñecido coma “o vello dos contos”) e Manuel Beiras García e outros galeguistas. Mais, como todas as eucaristías ata que en 1963 o Concilo Vaticano II autorizou e promoveu o uso das linguas vernáculas na liturxia, facíase en latín.

No ano 1965, e aproveitando as novas disposicións conciliares, unha delegación do Padroado Rosalía de Castro reuniuse co cardeal Quiroga para pedirlle que se celebrase en galego a misa rosaliana daquel 25 de xullo. O cardeal accedeu e encargoulle ao Padre Seixas que presidise a dita eucaristía seguindo a liturxia renovada propugnada polo Vaticano II e coidando a calidade do idioma. Celebrouse, pois, a primeira misa “oficial” en galego, aínda que seguramente tivera lugar xa algunha outra con anterioridade sen autorización eclesiástica expresa.

A misa de Rosalía era un dos poucos actos públicos de afirmación galeguista que resultaba posible celebrar nos anos 60, razón pola que reunía arredor da figura da autora dos Cantares Gallegos a persoas de diferentes idades, zonas de Galicia e ideoloxías. A súa celebración en galego foi recoñecida na época como un acontecemento histórico e é valorada hoxe como paso fundamental no proceso de normalización lingüística.

1414 lecturas