Representantes das entidades galegas do exterior participan na ofrenda floral a Rosalía de Castro polo Día de Galicia

  • Imaxe da ofrenda floral a Rosalía de Castro celebrada en San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela)
    Imaxe da ofrenda floral a Rosalía de Castro celebrada en San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela)

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2023.

Representantes de varias entidades galegas do exterior participaron onte na ofrenda floral a Rosalía de Castro polo día de Galicia que se desenvolveu no Panteón de Galegos Ilustres da igrexa de San Domingos de Bonaval, onde tamén se atopan os restos de Castelao, trasladados dende Bos Aires en 1984. 

Nesta ocasión, o acto foi presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices. A representación dos galegos e galegas da emigración correspondeu á Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas da Arxentina (Enrique González e Javier Vence) e á Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução e Recreio de São Paulo (Isabely Santos Daparte e Bernardo Hermes Santos). A Misa a Rosalía data do ano 1932 e foi a primeira eucaristía celebrada en galego en 1965. Desde esa data, tódolos 25 de xullo, con motivo do “Día da Patria”, réndese homenaxe á escritora galega máis universal. 

297 lecturas