Miranda e Canosa acordan intensificar a colaboración na promoción da cultura galega en Cataluña

Miranda e Canosa acordan intensificar a colaboración na promoción da cultura galega en Cataluña
Miranda e Canosa acordan intensificar a colaboración na promoción da cultura galega en Cataluña
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 13 de febreiro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con José Canosa Blanco, presidente do Centro Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet para intensificar a colaboración na promoción da cultura galega en Cataluña e abordar temas de interese para a comunidade galega nesta localidade da provincia de Barcelona, incluíndo a promoción da cultura galega e a organización de eventos culturais. O secretario expresou o seu agradecemento polo traballo realizado polo Centro Airiños da Nosa Galicia e reiterou o seu apoio ás iniciativas que favorezan o enriquecemento cultural.

Ademais, presentouse un plan de eventos para este ano que inclúe diversas actividades destinadas tanto a mozos como a persoas maiores, co obxectivo de manter vivas as tradicións galegas en Cataluña.

359 lecturas