Miranda destaca o incremento dun 50% nas axudas destinadas a gastos de funcionamento dos centros e asociacións galegas de Suíza

O secretario xeral da Emigración destacou que deste xeito, axúdase a fortalecer a súa solvencia de cara a afrontar a súa subsistencia pola baixada de ingresos que supuxo a pandemia.

Tamén analizou con estas entidades as dificultades que plantea a actual situación sanitaria no país helvético  así como tamén planificouse o vindeiro 2021. 

Foto de arquivo da celebración do 37º aniversario da Asociación Cultural 'As Xeitosiñas' de Zürich
Foto de arquivo da celebración do 37º aniversario da Asociación Cultural "As Xeitosiñas" de Zürich
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo coa colectividade galega de Suíza co obxectivo de coñecer as actuais dificultades que están a vivir a causa da pandemia da covid-19 así como para planificar o vindeiro 2021.

Esta reunión enmárcase dentro da rolda de contactos que está a desenvolver tralo seu nomeamento.

Tal e como transmitiron as entidades, estase a producir un agravamento da situación da pandemia en Suíza, polo que as actividades presenciais están moi limitadas e aproveitan todo o posible as de tipo dixital e en liña, o que fai que, de cara ao próximo ano, téñanse que reorganizar os eventos, reducindo así os actos presenciais  por outros de carácter telemático. 

Neste senso, Rodríguez Miranda tamén expuxo as diferentes alternativas e opcións nas que vén traballando a Secretaría para reforzar os vínculos e a colaboración coas entidades no vindeiro exercicio, promovendo, un ano máis, distintos programas de apoio que lles axuden a facer fronte aos custos derivados da actual crise sanitaria.  O secretario xeral da Emigración destacou o incremento dun 50% das axudas para gastos de funcionamento aos centros galegos para fortalecer a súa solvencia de cara a afrontar a súa subsistencia pola baixada de ingresos que supuxo a pandemia. Facendo un esforzo especial, o departamento autonómico destinou neste complexo ano 2020, 2,4 millóns de euros a axudar ás entidades galegas no mundo. 

296 lecturas