Miranda destaca na Cadena Ser de Ourense que a Cidade das Burgas será, a próxima semana, o escenario do Consello de Comunidades Galegas

Listen to this page using ReadSpeaker
Ourense, 14 de setembro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou nunha entrevista realizada na Cadena Ser de Ourense que a cidade das Burgas será, a próxima semana, escenario do Consello de Comunidades Galegas. O encontro reunirá a máis dun centenar de representantes de entidades galegas de todo o mundo.

Durante a entrevista, o secretario xeral tamén recordou que a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Ourense, situada na rúa Concello, intensifica a súa aposta pola atención nesta oficina cun servizo fiscal e tributario básico, ao que se suma a potenciación da atención laboral. A labor desta oficina céntrase no acompañamento e axuda aos galegos do exterior que decidiron retornar a Galicia e comezar unha nova vida.

Máis información:

  • Entrevista do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, en Cadena Ser de Ourense (14/09/2023) | Descargar mp3
177 lecturas