Miranda destaca a importancia da comunidade pontevedresa en Salvador de Baía durante a presentación do libro "O inverno ausente" de Fernando M. Vilanova

  • Imaxe da presentación desta tarde en Pontevedra
    Imaxe da presentación desta tarde en Pontevedra
  • Imaxe da presentación desta tarde en Pontevedra
    Imaxe da presentación desta tarde en Pontevedra
  • Imaxe da presentación desta tarde en Pontevedra
    Imaxe da presentación desta tarde en Pontevedra
Listen to this page using ReadSpeaker
Pontevedra, 10 de xuño de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu esta tarde no Museo de Pontevedra á presentación do libro O inverno ausente, do escritor Fernando Martínez Vilanova. Trátase da recreación dunha historia real de tres personaxes dos concellos de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes, que toman a decisión de refacer a súa vida a mediados do século XX en Salvador de Baía, Brasil. Na presentación estivo tamén presente o escritor Manuel Lourenzo así como o director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey García. 

Neste senso, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recordou a importancia económica e social que a comunidade galega, e en especial a pontevedresa, segue a ter na actualidade neste estado do Brasil, un país que conta con algo máis de 49.500 cidadás e cidadáns galegos, dos que o 20% son galegas e galegos nados na comunidade autónoma e o resto son xa descendentes que seguen a manter unha importante conexión cultural e persoal con Galicia. Esta vinculación evidenciase cada vez máis no retorno das e dos galegos do exterior que ven na comunidade autónoma un lugar onde iniciar un novo proxecto de vida, aportando a súa experiencia e coñecementos á sociedade galega.  

370 lecturas