A Xunta lanza unha nova edición de Conecta con Galicia no Camiño para reforzar os lazos da mocidade galega do exterior coa comunidade
O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de 2026 do programa Conecta con Galicia no Camiño cunha oferta dun cento de prazas destinadas a mozos e mozas galegos de entre 18 e 21 anos residentes no exterior.
Desenvolverase entre os días 20 e 31 de xullo de 2026 e consiste na realización dun tramo a pé de 100 km do Camiño de Santiago e doutras actividades complementarias.
O prazo de presentación de solicitudes abre mañá e prolongarase ata o 30 abril.
A Xunta lanza unha nova edición de Conecta con Galicia no Camiño para reforzar os lazos da mocidade galega do exterior coa comunidade.
A Xunta lanza unha nova edición de Conecta con Galicia no Camiño para reforzar os lazos da mocidade galega do exterior coa comunidade.
A Xunta lanza unha nova edición de Conecta con Galicia no Camiño para reforzar os lazos da mocidade galega do exterior coa comunidade.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de 2026 do programa Conecta con Galicia no Camiño cunha oferta dun cento de prazas destinadas a mozos e mozas galegos de entre 18 e 21 anos residentes no exterior. O programa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e desenvolverase entre os días 20 e 31 de xullo de 2026. Consiste na realización dun tramo a pé de 100 km do Camiño de Santiago e doutras actividades complementarias, co fin de fortalecer os vínculos da mocidade galega do exterior coa súa terra de orixe.
Neste sentido, durante a estadía as mozas e mozos beneficiarios residirán na residencia xuvenil Altamar, situada en Vigo, ou na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas, situada en Ourense, ambas instalacións dependentes da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. En función de cal sexa o lugar do aloxamento -Vigo ou Ourense-, os participantes realizarán un tramo do Camiño Portugués ou da Vía da Prata ata Compostela. Ademais, aqueles participantes que o soliciten poderán ampliar a súa estadía en Galicia ata 15 días despois da finalización do programa para fortalecer os lazos coa súa familia galega.
O prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria abre mañá e prolongarase ata o 30 abril. No marco dela, a Xunta de Galicia asume a organización da viaxe, os traslados dos participantes e o custo dos billetes de avión. Tamén cubre os desprazamentos terrestres, o aloxamento e a manutención en Galicia. Entre os requisitos que se exixen están ter nacido en Galicia ou ser descendentes de persoas emigrantes galegas, posuír nacionalidade española e estar vinculadas a un concello galego a través do Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE), cunha antigüidade mínima de tres meses contados desde o día da publicación da convocatoria no DOG.
Novas relacionadas



