Miranda compromete unha mellora superior ao 10% no apoio aos centros para o coidado dos galegos e galegas máis maiores do exterior, recollido xa no proxecto de orzamentos para 2024

  • Visita do secretario xeral da Emigración ao Centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
    Visita do secretario xeral da Emigración ao Centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas

Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas (Venezuela), 1 de decembro de 2023.

Na visita do secretario xeral da Emigración ao Centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela, este comprometeu unha mellora superior ao 10% no apoio aos centros para o coidado dos galegos e galegas máis maiores do exterior, recollido xa no proxecto de orzamentos para 2024.

Durante este percorrido polo Centro de Día, puido observar directamente as actividades e os servizos que se ofrecen. Este espazo non só proporciona coidados e apoio ás e aos membros maiores da comunidade, senón que tamén actúa como un centro de encontro e de mantemento das tradicións e cultura galegas.

287 lecturas