O secretario xeral da Emigración participa nos actos de conmemoración do 40º aniversario da Asociación Cultural ‘As Xeitosiñas’ de Zürich
Zürich (Suíza), 5 de decembro de 2021.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, participou nos actos de conmemoración do 40º aniversario da Asociación Cultural 'As Xeitosiña's de Suíza que se celebrou no pavillón dos deportes de Unterroh de Zürich.
Durante a celebración, na que se levaron a cabo diversas actividades lúdicas e de promoción da cultura galega, presentouse un novo CD da Banda de Gaitas desta entidade, que vén desenvolvendo un importante labor de acompañamento aos galegos e galegas residentes nesta cidade de Suíza.
Novas relacionadas