Miranda: “As cámaras de comercio son aliados estratéxicos para conectar Galicia co mercado estadounidense”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo cos responsables da Cámara de Comercio de España - Estados Unidos en Miami, co obxectivo de analizar vías de colaboración para reforzar os lazos económicos entre Galicia e os Estados Unidos e explorar oportunidades ligadas ao talento galego no exterior, o emprendemento e o retorno profesional.
Durante o encontro, no que participou a presidenta da entidade, Mónica Vázquez, e membros da institución, abordáronse posibles sinerxías entre a Cámara e a Xunta de Galicia para favorecer a internacionalización, a atracción de investimento e a conexión do tecido empresarial con profesionais galegos asentados nos Estados Unidos.
Miranda puxo en valor o papel estratéxico desta institución como ponte económica entre ambos países e salientou a importancia de sumar esforzos co ámbito empresarial para xerar oportunidades reais de retorno e desenvolvemento profesional en Galicia.
Novas relacionadas




