Miranda asistiu ao desfile do Carnaval das Culturas de Berlín para mostrar o apoio da Xunta á asociación ‘De Berlin Son’

  • Imaxe do Carnaval das Culturas de Berlín
    Imaxe do Carnaval das Culturas de Berlín

Listen to this page using ReadSpeaker
Berlín (Alemaña), 28 de maio de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe ao Carnaval das Culturas de Berlín para mostrar o apoio da Xunta de Galicia a asociación galega De Berlín Son, que participou no mesmo, dando así a coñecer a cultura galega ás e aos habitantes da capital de Alemaña.

Este desfile ten como obxectivo dar a coñecer entre as e os habitantes da cosmopolita capital alemá as diferentes culturas das que proceden moitos dos seus e as súas residentes. Aproveitando este acto, o secretario xeral mantivo unha xornada de convivencia e encontro cos galegos e galegas desta asociación, unha das máis novas, pero moi dinámica, de Europa, e agradeceulles o esforzo que están a realizar por potenciar a cultura galega en Berlín e na súa contorna. 

330 lecturas