Miranda asiste á presentación do libro “El método Avión” que explica as claves do éxito das e dos galegos residentes en México

Imaxe da presentación desta tarde na capital de España
Imaxe da presentación desta tarde na capital de España
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 26 de maio de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe na Casa de Galicia en Madrid á presentación do libro El método Avión, de Alberto Dacasa, que explica as claves do éxito das e dos galegos que emigraron a México e puxeron en marcha importantes empresas no país azteca.

Neste libro, móstrase como as e os galegos utilizan o esforzo, o traballo, o espírito gañador, o tesón, a humildade e o non renderse nunca como elementos esenciais como método de éxito e prosperidade. Na presentación tamén estivo presente o alcalde de Avión, Antonio Montero, de onde era orixinario o pai do autor; a xornalista Irene Villa; e a presentadora Cristina Serrato. Os beneficios das vendas deste libro destinaranse á fundación Mensajeros de la Paz. 

295 lecturas