Emigración apoia a peregrinación en bicicleta do ourensán Alberto Cacharrón a través do Camiño Branco, a ruta xacobea máis longa do mundo

  • Imaxe desta mañá na cidade de Ushuaia (Tierra de Fuego, Arxentina)
    Imaxe desta mañá na cidade de Ushuaia (Tierra de Fuego, Arxentina)
  • Imaxe desta mañá ao pé do cruceiro galego de Ushuaia
    Imaxe desta mañá ao pé do cruceiro galego de Ushuaia
  • Imaxe desta mañá na cidade de Ushuaia (Tierra de Fuego, Arxentina)
    Imaxe desta mañá na cidade de Ushuaia (Tierra de Fuego, Arxentina)
Vídeo do comezo do Camiño en Ushuaia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2022.

O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou hoxe na localidade máis austral do país latinoamericano, Ushuaia, na saída da peregrinación en bicicleta que realiza o ourensán Alberto Cacharrón a través do Camiño Branco, a ruta xacobea máis longa do mundo, con 12.232 quilómetros de lonxitude. 

A saída de Cacharrón tivo lugar fronte ao cruceiro máis austral do planeta, creado pola Escola de Canteiros de Pontevedra, e doado polo Centro Galicia de Residentes Españoles Tierra de Fuego en 1996. A bicicleta deste peregrino, apoiado polo Xacobeo e a Secretaría Xeral da Emigración, chegou onte a Usuaia a bordo do buque Hespérides e ao longo das próximas semanas cruzará Arxentina e Uruguai para regresar a Europa, completando a viaxe ata Santiago a través da Península Ibérica. Será así a primeira vez que se realice de forma integral esta peregrinación en bicicleta.

514 lecturas