Miranda asiste en Madrid á homenaxe ao 150 aniversario da ‘Cántiga’ de Curros Enríquez popularmente coñecida como ‘Unha noite na eira do trigo”

O secretario xeral da Emigración destaca o “incansable traballo” da musicóloga Estíbaliz Santamaría para poñer en valor a cultura e as cancións galegas da diáspora, da que esta obra é “un exemplo inmellorable”. 

Agradece a participación de dous músicos galegos de recoñecido prestixio internacional -o barítono Borja Quiza e a pianista Isabel Pérez Dobarro- que son unha “clara mostra de que a música e a cultura galega transcenden ao tempo e seguen hoxe plenamente vixentes”.

Subliña que a implicación de todas e todos “materialízase nun concerto que nos amosa a riqueza compartida por miles e miles de emigrantes que, entre outras moitas cousas, foron quen de elevar a canción galega á escena internacional”.  

  • O Centro Galego de Madrid acolle un concerto que inicia o ‘Ciclo de canción galega’ e no que se interpretan unha selección de composicións que tiveron eco a ambos lados do Atlántico
    O Centro Galego de Madrid acolle un concerto que inicia o ‘Ciclo de canción galega’ e no que se interpretan unha selección de composicións que tiveron eco a ambos lados do Atlántico

Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 16 de xaneiro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe, no Centro Galego de Madrid, ao inicio do ‘Ciclo de canción galega’,  que comezou a súa andaina co concerto ‘Galicia – Cuba’, homenaxe ao 150 aniversario da Cántiga de Curros Enríquez, hoxe popularmente coñecida como Unha noite na eira do trigo.  

Neste marco, o titular do departamento autonómico, que estivo acompañado polo delegado da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López, quixo agradecer, en primeiro lugar, á musicóloga galega Estíbaliz Santamaría o seu “incansable traballo” para poñer en valor a cultura e as cancións populares galegas da diáspora, da que esta obra é “un exemplo inmellorable”. 

Non en van, e tal e como lembrou Rodríguez Miranda, Cántiga foi escrita inicialmente por Curros Enríquez en 1869, e sería máis tarde, a finais do propio século XIX, cando o escritor entrou en contacto na Habana co compositor José Castro, máis coñecido como Chané. “Froito dese contacto propiciado pola diáspora, o poema mudou nunha das cancións galegas máis populares, agora e sempre”, explica Miranda.  

Unha noite na eira do trigo foi posible grazas a esa Galicia universal, capaz de facer das dificultades, oportunidades, que ten levado o nome da nosa terra por todo o mundo”, salientou o secretario xeral. 

Así mesmo, Rodríguez Miranda quixo agradecer tamén a implicación e participación neste proxecto de dous músicos galegos de recoñecido prestixio internacional -o barítono Borja Quiza e a pianista Isabel Pérez Dobarro-, que son unha “clara mostra de que a música e a cultura galega transcenden ao tempo e seguen hoxe plenamente vixentes”.

“A súa xenerosidade fai hoxe posible un concerto que nos amosa a riqueza compartida por miles e miles de emigrantes que, entre outras moitas cousas, foron quen de elevar a canción galega á escena internacional”, subliñou. 

461 lecturas