Miranda aplaude o proxecto de mellora co que o Centro Galego de Londres quere celebrar o seu medio século de vida

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro co presidente da entidade, Nicolás Miño, para tratar a situación da colectividade galega na capital do Reino Unido.

O Reino Unido é o segundo país de Europa, só por detrás de Suíza, e o cuarto do mundo do que máis galegas e galegos retornaron en 2017
O Reino Unido é o segundo país de Europa, só por detrás de Suíza, e o cuarto do mundo do que máis galegas e galegos retornaron en 2017
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, aplaudiu o proxecto de mellora e ampliación co que o Centro Galego de Londres está a afrontar o seu medio século de vida. O responsable do departamento autonómico mantivo un encontro co presidente da entidade galega, Nicolás Miño, quen está a capitanear a conmemoración do quincuaxésimo aniversario da entidade que máis socias e socios galegos aglutina no Reino Unido, que está a preparar os actos de cara ao ano que vén. 

Xunto aos preparativos dos actos que integrarán o programa oficial de celebración da efemérides, os representantes institucionais da Secretaría Xeral da Emigración e o Centro Galego de Londres repasaron a situación actual da colectividade galega na capital no Reino Unido, onde se congrega a gran maioría da poboación nacida ou descendente de emigrantes galegas e galegos, e as previsións de cara o vindeiro ano.

Un país con máis de 14.000 galegas e galegos ao borde do brexit
Neste senso, Miranda salientou os plans de mellora que está levando a cabo a entidade galega, que busca incrementar a súa actividade tanto de carácter social como cultural e, polo tanto, intensificar o seu apoio á propia colectividade galega. O Centro Galego de Londres congrega máis de catrocentas persoas asociadas nunha das urbes máis golpeadas pola preocupación sobre as consecuencias que o brexit terá no seu futuro profesional e persoal. O desenvolvemento dos acontecementos invita a confiar nunha próxima resolución desta situación, polo que o secretario xeral da Emigración insistiu nunha mensaxe de tranquilidade e apoio ás e os galegos que viven no país.  

Nel residen, segundo os datos oficiais publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE), a data 1 de xaneiro de 2018, un total de 14.369 cidadás e cidadáns galegos, dos que 8.762 naceron en Galicia e o resto, xa nos seus países de destino. O Reino Unido pasa por ser, ademais, o segundo país de Europa, só por detrás de Suíza, e o cuarto do mundo do que máis galegas e galegos retornaron en 2017, con 305 das e dos 6.202 que regresaron a Galicia desde todas as partes do planeta. 

761 lecturas