Miranda analiza a situación das e dos retornados coa Asociación Mexicanos en Galicia e Madres Latinas

O secretario xeral da Emigración e estas dúas entidades acordaron por en marcha unha colaboración que se desenvolverá ao longo de 2021 para axudar aos galegos e galegas que regresan deses países.

Antonio Rodríguez Miranda, Luisi Motta e Lucero Dámaso, durante a reunión celebrada na sede da SXE en Compostela
Antonio Rodríguez Miranda, Luisi Motta e Lucero Dámaso, durante a reunión celebrada na sede da SXE en Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión coa presidenta da Asociación Mexicanos en Galicia, Lucero Dámaso, e a presidenta de Madres Latinas, Luisi Motta, para analizar a situación das e dos emigrantes retornados a Galicia, en especial, ante a actual situación de pandemia.

Durante a reunión, analizouse a problemática dos galegos e galegas que están a volver a Galicia nestes intres e das dificultades que están a atopar para poder asentarse ante a crise da covid-19. Neste senso, acordouse poñer en marcha unha colaboración que se irá desenvolvendo ao longo do 2021 co obxectivo de axudar a este colectivo, en especial, a aqueles galegos e galegas que regresan a Galicia e se atopan en situación de emerxencia.

1116 lecturas