O conselleiro de Cultura e Educación presentou en Santiago o libro ‘Viaxe sen retorno’ de Manuel Mandianes

Xesús Vázquez Abad dixo que os nosos e as nosas emigrantes cambiaron a nosa sociedade, os nosos retos e os nosos horizontes, nun acto que contou coa presenza do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e mailo presentador de televisión Xosé Ramón Gayoso.

  • O titular de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou o libro de Manuel Mandianes ‘Viaxe sen retorno’ no Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Santiago
    O titular de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou o libro de Manuel Mandianes ‘Viaxe sen retorno’ no Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Santiago

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2014.

O titular de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou o libro de Manuel Mandianes Viaxe sen retorno no Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Santiago. O acto tamén contou coa presenza do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; e do presentador da TVG, Xosé Ramón Gayoso; acompañados pola representante de Sotelo Blanco Edicións, Mari Carmen Romero.

Vázquez Abad comezou a súa intervención facendo un recoñecemento explícito do papel da emigración na construción do país. O conselleiro salientou a necesidade que existía de afondar na simple descrición de feitos e chegar a esta análise emocional “que nos conectase cos sentimentos profundos dos seres humanos que abandonaron o coñecido, con confianza en si mesmos para aproveitaren oportunidades lonxe da terra”. Rematou o seu discurso loando a figura das e dos emigrantes “porque cambiaron a nosa sociedade, os nosos retos e os nosos horizontes” e de Manuel Mandianes por retratar a este gran colectivo “neste libro, tan necesario”.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou pola súa banda, que se teñen escrito compendios abondo sobre o feito migratorio desde perspectivas ben distintas, aínda que complementarias; pero poucos “poñen o foco na perspectiva persoal, íntima e subxectiva dos auténticos protagonistas dese feito, mulleres e homes para os que fundar un novo fogar supón facelo asemade en países con culturas, costumes e mesmo idiomas distintos”. Engadiu que este feito supón un exercicio de dificultade e integridade sobre o que convén reflexionar, como nos invita a facer Mandianes no seu libro.

Viaxe sen retorno
Baixo un entramado antropolóxico-filosófico, o autor defende a tese de que a persoa emigrante perde a súa estrutura persoal cando deixa o seu país, e que, aínda que regrese, resúltalle difícil recomporse. A xuízo de Mandianes Castro, toda esta problemática nace dunha mitificación errónea do lugar ao que se desexa emigrar e que se identifica cun paraíso onde poder realizar os seus soños. Sen embargo, ao chegar alí, dáse conta de que a realidade é outra e que o verdadeiro paraíso atópase no lugar que deixou atrás.

Nas 178 páxinas do libro, Manuel Mandianes presenta a información que recompilou durante máis de dez anos sobre a emigración e que ofrece unha visión persoal e sentimental da mesma. Un dos aspectos máis orixinais da obra é a inclusión de diálogos con emigrantes de diferentes nacionalidades, rexións e condicións que opinan sobre a súa experiencia persoal e o desarraigo que padecen.

847 lecturas