Máis de 8.000 mozos e mozas participaron nas actividades da campaña de verán de Xuventude

En concreto, ofertáronse campamentos de verán, con intercambios con outras comunidades autónomas; oferta concertada de prazas nas instalacións xuvenís do departamento autonómico; actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo; e accións para mozos e mozas descendentes de galegos e galegas, residentes no exterior.

Con respecto á oferta de campamentos de verán para menores de 18 anos, Xuventude sorteou 4.705 prazas, distribuídas nas catro provincias galegas.

Reserváronse outras 378 prazas para distintos colectivos como persoas con discapacidade, menores tutelados ou fillos e fillas de mulleres vítimas da violencia de xénero e outras 274 prazas para campamentos noutras comunidades.

Así mesmo, a campaña incluíu unha oferta de 1.685 prazas.

Doutra banda, tamén se ofertaron 511 prazas en actividades para maiores de 18 anos, así como 11 campos de traballo.

Listen to this page using ReadSpeaker

Secretaría Xeral da Emigración - Xunta de GaliciaMáis de 8.000 mozos e mozas participaron este ano nas distintas actividades enmarcadas na campaña de verán da Consellería de Traballo e Benestar, que rematou este mes pasado e discorreu con total normalidade, sen incidencias destacables.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ofertou entre os meses de xuño e setembro máis de 8.000 prazas para mozos e mozas de ata 35 anos, con actividades específicas para menores e maiores de 18 anos.

En concreto, ofertáronse campamentos de verán, con intercambios con outras comunidades autónomas; oferta concertada de prazas nas instalacións xuvenís do departamento autonómico; actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo; e accións para mozos e mozas descendentes de galegos e galegas, residentes no exterior.

Como novidade e co obxectivo de fomentar a convivencia intercultural e a aprendizaxe mutua, incluíuse a participación de mozos e mozas procedentes da emigración coas rapazas e os rapaces galegos nos campamentos e actividades para maiores de 18 anos.

Campamentos de verán
Con respecto á oferta de campamentos de verán para menores de 18 anos, Xuventude sorteou 4.705 prazas, distribuídas nas catro provincias galegas. A través desta programación, os mozos e mozas de entre 9 e 17 anos tiveron a posibilidade de empregar o seu tempo libre durante as vacacións participando en actividades de carácter lúdico, cultural ou deportivo.

Ademais reserváronse outras 378 prazas para distintos colectivos como persoas con discapacidade, menores baxo tutela ou fillos e fillas de mulleres vítimas da violencia de xénero e outras 274 prazas para campamentos noutras comunidades autónomas, en País Vasco, Cantabria, Castela e León, Estremadura, Navarra e A Rioxa.

As actividades leváronse a cabo en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto. Os campamentos tiveron lugar nas instalacións xuvenís da Consellería de Traballo e Benestar: os albergues xuvenís Marina Española e Gandarío, en Bergondo; Area, en Viveiro; Benigno Quiroga, en Portomarín e As Sinas, en Vilanova e os campamentos xuvenís de Furelos, en Melide; Virxe do Loreto, en Porto do Son; A Espiñeira, en Boiro; A Devesa, en Ribadeo, Os Chacotes, en Palas de Rei; Penedos de Xacinto, en Entrimo; Pontemaril, en Forcarei e Illa de Ons, en Bueu.

Así mesmo, a campaña de verán de Xuventude incluíu unha oferta de prazas concertadas que sumaron este ano 1.685. En concreto, ofreceuse o uso dos albergues xuvenís ás asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á mocidade, escolas de tempo libre e aos consellos locais e municipais de xuventude, así como ás corporacións locais e outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa mocidade. Tamén poideron formar parte desta oferta concertada os grupos de mozos e mozas non asociados que organizasen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro. Algunhas actividades desta oferta concertada rematan a finais de setembro.

Maiores de 18 anos
Doutra banda, tamén se ofertaron 511 prazas en actividades para maiores de 18 anos, así como 11 campos de traballo, que tiveron lugar en Boqueixón, Melide, Rois, A Coruña, Ourense, Celanova e Cíes. Os campos son actividades encamiñadas a fomentar a convivencia a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países.

A cambio do seu labor, esta mocidade recibe unha alternativa de lecer e tempo libre baseada no intercambio de coñecementos e culturas, da práctica de deportes e da visita a lugares de interese, tanto turísticos como históricos ou culturais.

A Consellería de Traballo e Benestar puxo a disposición dos mozos e mozas galegos, do resto de comunidades autónomas e de países como Francia, Alemaña, Grecia, Italia, Corea do Sur ou Xapón ou de voluntarios e voluntarias procedentes da Galicia exterior un total de 260 prazas, distribuídas en quendas de 11 ou 15 días de duración. Os mozos e mozas galegos, ademais, tamén puideron asistir a este tipo de actividades ao longo do territorio español (100 prazas) e no estranxeiro (96 prazas).

Por último, a campaña de verán contemplou actividades para os mozos e mozas descendentes de galegos, residentes no exterior. Así, en colaboración coa Secretaria Xeral da Emigración, ofertáronse 240 prazas distribuídas en varios programas de actividades que fomentou o contacto e as relacións cos mozos e mozas galegos.

1198 lecturas