Sorteo das prazas de actividades de Campamentos e Campos de traballo 2012

Listen to this page using ReadSpeaker

Secretaría Xeral da Emigración - Xunta de Galicia.Publicación da data de sorteo das prazas de actividades de Campamentos e Campos de traballo para o ano 2012 (Resolución do 30 de xaneiro de 2012).

En cumprimento do artigo 4º.5 e 4º.7 das bases reguladoras da resolución de convocatoria das prazas de actividades de Campamentos e Campos de traballo, procederase á realización do sorteo de aquelas prazas nas que o número de solicitudes admitidas sexa superior ao número de prazas ofertadas por países e tramos de idade.

O sorteo será público e realizarase nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, sita na rúa Basquiños,  número 2 de Santiago de Compostela, o día luns 7 de maio ás 10:30 horas.

1382 lecturas