Un lustro da asociación «Galegos Forever» de Miami
Os festexos conmemorativos máis importantes atrasaranse ata o próximo mes de xuño.
Celebración do quinto aniversario da asociación empresarial galega no estado da Florida.Foto: http://galegosforever.blogspot.com

A asociación de empresarios «Galegos Forever» de Miami cumpriu o seu primeiro lustro de vida.
O pasado martes 2 de abril, as empresarias e os empresarios galegos afincados na cidade do estado de Florida, celebraron o quinto aniversario da asociación coa tradicional cea mensual á que se lle engadiron diversos festexos específicos.
Durante a cea e como non podía ser doutro xeito, as e os asistentes puideron gozar de pratos típicos da gastronomía galega, co polbo como gran protagonista en dúas variedades: ao estilo «a feira» e tamén en caldeirada. A cea estivo regada por Albariño da terra.
Pero haberá que esperar ata o próximo mes de xuño para celebrar os actos máis importantes do quinto aniversario da asociación «Galegos Forever».
Fonte: La Voz de Galicia | Foto: http://galegosforever.blogspot.com
Novas relacionadas