Un libro analiza a emigración galega a Arxentina a través da correspondencia entre nai e fillo.

«Unha familia e un océano de por medio» recibiu o Premio de Ensaio Manuel Murguía da Diputación da Coruña.

Listen to this page using ReadSpeaker
26 de xaneiro de 2011.

A correspondencia entre unha nai que nunca saíu do seu pobo en Galicia e o seu fillo emigrado a Mar de Prata converteuse nun libro que recibiu o Premio de Ensaio Manuel Murguía, que convoca a cada dous anos a Deputación da Coruña. Unha familia e un océano de por medio analiza a emigración galega en Arxentina a través deste intercambio epistolar e fotográfico e ofrece unha visión da emigración a través dos propios emigrantes.

Editado por Anthropos, o libro foi realizado pola historiadora arxentina María Liliana da Orden, que é doutora en Historia e profesora da Universidade Nacional de Mar do Prata. A obra pretende estudar a emigración galega da posguerra e conxuga as perspectivas históricas e antropolóxicas con datos sociolóxicos da época, todo con base nas cartas entre Dolores Porto, unha muller que nunca saíu de Fornelos de Montes (Pontevedra), e o seu fillo Manolo.

O intercambio de cartas empezou en 1952 e inclúen 40 textos que retratan non só o momento histórico que viviron os diferentes continentes, senón como afectou a emigración a esta familia, un xeito de destacar o punto de vista dos que non emigraron.

2066 lecturas