As iniciativas deportivas e de lecer centran estes días a actividade dos participantes no Conecta con Galicia no albergue de Gandarío

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2023.

O segundo grupo de rapaces e rapazas galegas do exterior que participan no Conecta con Galicia continúa a desenvolver as actividades de ocio e deporte que organiza a Dirección Xeral de Xuventude no albergue xuvenil de Gandarío.

A próxima semana participarán en visitas culturais e tamén poderán coñecer empresas punteiras situadas en diversos lugares de Galicia. Este programa, realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, permite que persoas nadas en Galicia ou descendentes de emigrantes galegos de 16 e 17 anos volvan a ter contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares, supoñendo para moitos deles a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

328 lecturas