A GALICIA UNIVERSAL, DE LOITO

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2013.

A Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas, máximo órgano de representación entre plenarios da diáspora galega polo mundo, en reunión urxente e extraordinaria en Santiago de Compostela neste tráxico Día de Galicia, quere amosar a súa máis profunda solidariedade e agarimo cos familiares, amigos e veciños das vítimas do accidente ferroviario de onte á noite, e empraza ás galegas e galegos de todo o mundo a permanecer fortes, e máis unidos ca nunca, nestes momentos de loito de toda a Galeguidade.

As mostras de condolencia chegadas de tódolos países con presenza da nosa diáspora son proba palpable de amor de tódalas galegas e tódolos galegos pola súa terra, e da necesidade de facer chegar ese amor, neste día tan sinalado e tan triste, a aqueles e aquelas que hoxe máis os necesitan.

Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2013.

3501 lecturas