Baixo a chuvia, Bos Aires celebrou a Galicia

  • Rueda e Miranda, visitando o posto do Círculo Social Val Miñor.
    Rueda e Miranda, visitando o posto do Círculo Social Val Miñor.
  • Os dirixentes da Xunta conversan cuns paisanos no estand de La Estrada.
    Os dirixentes da Xunta conversan cuns paisanos no estand de La Estrada.
  • As actividades comezaron cunha misa na catedral metropolitana.
    As actividades comezaron cunha misa na catedral metropolitana.
  • Alfonso Rueda, cos máis pequenos que tamén gozaron desta xornada festiva.
    Alfonso Rueda, cos máis pequenos que tamén gozaron desta xornada festiva.
  • O vicepresidente da Xunta asina nun dos postos da colectividade galega.
    O vicepresidente da Xunta asina nun dos postos da colectividade galega.
  • Rueda e Miranda, no posto da Asociación Arxentina de Bolos Celta.
    Rueda e Miranda, no posto da Asociación Arxentina de Bolos Celta.
  • Rueda e Miranda visitaron un a un os postos que a colectividade galega situou na Avenida de Maio.
    Rueda e Miranda visitaron un a un os postos que a colectividade galega situou na Avenida de Maio.
  • Os dirixentes da Xunta, nun dos postos de comida, que tiveron moito éxito.
    Os dirixentes da Xunta, nun dos postos de comida, que tiveron moito éxito.
Listen to this page using ReadSpeaker
Buenos Aires, 14 de setembro de 2014.

Foi un día no que a cidade de Bos Aires, ata pola incesante chuvia que caeu durante todo o día, se volveu galega. Miles de persoas, pertencentes ás distintas asociacións do colectivo na Arxentina, participaron na organización e a presentación do Día de Galicia no marco do ciclo 'Bos Aires Celebra', que tivo lugar o domingo 14, na capital do país.

Nesta oportunidade, o principal eixe temático do festexo foi o Camiño de Santiago, polo que ao longo da emblemática Avenida de Maio, se representou o Camiño de Santiago e se montaron carpas nas que se desenvolveron múltiples accións didácticas, lúdicas e expositivas que deron conta da súa relevancia histórica, monumental, cultural e turística.

A celebración comezou ás 12 do mediodía cunha procesión na honra do Apóstolo Santiago, dende a catedral metropolitana e ata a propia Avenida, logo dun oficio relixioso no que máis dun centenar de músicos das asociacións galegas baixo a batuta de Daniel Pazos interpretaron dende o altar maior a antiga marcha real galega e o himno galego.

Encabezando o desfile dos conxuntos folclóricos das asociacións marcharon a imaxe do Apóstolo Santiago e o botafumeiro que doou a colectividade á Igrexa do Apóstolo Santiago.

A celebración contou coa presenza do vicepresidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, que acompañados polo embaixador de España en Arxentina, Estanislao de Grandes Pascual, e a súa esposa, percorreron os estands da feira.

Unha celebración, asegurou Rueda, que viño a recordar, unha vez máis, "que Galicia segue estando moi presente en Bos Aires, que Arxentina e Galicia seguen unidas" e que hai que seguir traballando para que eses vínculos sexan cada vez máis estreitos. "É bo recordar, de cando en vez, esa unión que vén dende hai moito tempo. É bo saber o que somos e o que temos en común", avanzou o mandatario galego.

Outro dos actos destacados foi a entrega das 'compostelas' (credenciais do Camiño) aos rapaces e rapazas participantes na edición de 2014 do programa 'Conecta con Galicia', da Secretaría Xeral de Emigración.

Esta foi a segunda oportunidade na que as 'compostelas' se entregaron fóra de Santiago. A primeira vez, cabe recordar, tamén se entregaron en Arxentina, durante un acto que tivo lugar no ano 2013.

Ademais, durante todo o día, se realizaron diversas actividades paralelas de carácter lúdico, teatral, musical. Tamén se ditaron clínicas e ofrecéronse conferencias sobre temáticas vinculadas á historia, a gastronomía e a cultura galega.

Entre as atraccións coas que a comunidade agasallou os visitantes foi a exposición do primeiro coche realizado integramente na Arxentina, por un emigrante galego, Manuel Iglesias. O automóbil, que aínda está en funcionamento, fabricouse entre 1903 e 1907, na localidade arxentina de Campana (Provincia de Bos Aires), recoñecida oficialmente como "berce do automóbil arxentino".

O peche desta xornada, que deixou un recordo imborrable, estivo a cargo da gaiteira Susana Seivane, unha das artistas galegas de máis fama internacional.

E, seguidamente, o Bruxo Queimán, xunto a Andrea Pousa, ofreceron un espectáculo de lume, luz, maxia, poesía e música.

En torno das carpas, durante todo o día, se ofreceron numerosas expresións artísticas e plásticas brindando aos visitantes que lograron desafiar as inclemencias do tempo, unha imaxe real e actualizada da Galicia moderna e competitiva.

'Bos Aires celebra Galicia' é froito do acordo conseguido na primavera do ano pasado entre o secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, e o subsecretario de Dereitos Humanos e Pluralismo Cultural do Goberno da Cidade de Bos Aires, Claudio Avruj, co obxectivo de tender pontes de promoción da Galicia actual na capital arxentina.

Con esta celebración, asegurou Miranda, "as comunidades galegas queren mostrar publicamente a inmensa gratitude do pobo galego cara a esta cidade, por ser a sociedade receptora durante décadas de millares de paisanos. Bos Aires botoulles unha man nos peores tempos, e aínda hoxe é o fogar de máis de 100.000 galegos, e queren recoñecerllo e agradecerllo.

Fonte: Cronicas de la Emigracion

1405 lecturas