Dende Galicia a Santa Fe

O secretario xeral da Emigración visitou, na semana do Día das Letras Galegas, o Centro Gallego da capital santafesina.

  • Imaxe do encontro na sede da entidade galega en Santa Fe.
    Imaxe do encontro na sede da entidade galega en Santa Fe.
  • O secretario xeral da Emigración departiu coas e cos membros do Centro Gallego.
    O secretario xeral da Emigración departiu coas e cos membros do Centro Gallego.
  • Ao acto de homenaxe no Día das Letras Galegas congregouse numeroso público.
    Ao acto de homenaxe no Día das Letras Galegas congregouse numeroso público.
  • Cartel co gallo do Día das Letras Galegas, adicado nesta edición de 2013 ao dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño.
    Cartel co gallo do Día das Letras Galegas, adicado nesta edición de 2013 ao dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño.
  • Rodríguez Miranda tivo oportunidade de probar o tradicional mate crioulo.
    Rodríguez Miranda tivo oportunidade de probar o tradicional mate crioulo.
  • O secretario xeral da Emigración estivo acompañado na súa visita por Alejandro López Dobarro, delegado da Xunta en Bos Aires.
    O secretario xeral da Emigración estivo acompañado na súa visita por Alejandro López Dobarro, delegado da Xunta en Bos Aires.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santa Fe, 28 de maio de 2013.

Un singular acontecemento viviu a familia galega da rexión, con motivo da visita que efectou recentemente a esta capital o secretario Xeral da Emigración de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro.

As devanditas autoridades foron recibidas na entrada principal da entidade local, situada en avenida Galicia 1357, no corazón do barrio Alberdi, polo presidente do Centro Gallego de Santa Fe, Faustino Pereira Domínguez e Manuel López Fernández.

Tras os saúdos protocolarios iniciaron o percorrido polo complexo, mostrando o seu interese pola refuncionalización dos amplos salóns e outras dependencias, onde se levan a cabo distintas actividades diarias, de luns a venres, no horario de 8,00 a 20,00 h.

Os representantes do goberno de Galicia foron informados do compromiso existente coas autoridades do municipio santafesino; posibilitando a concreción de actividades sociais, culturais, deportivas e de recreación; observando tamén o estado da biblioteca da institución que continuara o seu labor recentemente.

Rodríguez Miranda mostrou o seu beneplácito polo rexurdimento da tradicional institución que foi fundada o 5 de outubro de 1919 nunha antiga casa grande de Chacabuco e Necochea, no barrio Candioti desta cidade. As autoridades que representan ao goberno de Galicia dialogaron cos e coas membros da comisión directiva e das diversas subcomisións, entre elas, a Xuvenil, de Cultura e da Biblioteca.

Mates crioulos
O vicepresidente López Fernández -natural de Galicia- invitou a Rodríguez Miranda a compartir mates crioulos, que forman parte dun costume e, sendo unha auténtica lenda, representan a tradición gaucha e rioplatense. Tras saborear os mesmos amosou a súa satisfacción, sorpresa e alegría, sinalando que, probablemente os irmáns e as irmás de La Plata, Bos Aires, Abeledo, Domselaar e Rosario, non puideron compartir esa distinción que lles cabe unicamente ás e aos santafesinos.

O secretario Xeral da Emigración de Galicia manifestou a súa intención e desexo de poder reunir ás galegas e galegos de idade máis avanzada da rexión que conforman as catro provincias: A Coruña, Ourense, Lugo e Pontevedra, radicados no centro e norte de Santa Fe -como así tamén ás e aos seus descendentes- e que necesitan algún tipo de asistencia ou axuda, para que se acheguen os sábados de 9,00 a 13,00 h. á sede do Centro Galego de Santa Fe, onde serán atendidos polas súas autoridades.

Letras Galegas
Unha importante cantidade de público asistiu no Centro Gallego desta capital ao recoñecemento e homenaxe ao dramaturgo, guionista, actor e dobrador, Roberto Vidal Bolaño.

Vidal Bolaño foi o autor escollido pola Real Academia Galega para conmemorar, en todos os recunchos do mundo, o Día das Letras Galegas.

O acto programado foi organizado pola Subcomisión de Cultura da entidade anfitriona, co auspicio da Municipalidade da cidade, iniciándose cunha introdución referida ao Día das Letras Galegas e procedeuse a dar lectura ao texto dun poema, a cargo de Francisca Herrera Garrido.

O destacado artista e famoso escritor Vidal Bolaño, influído por Ramón Otero Pedrayo defendeu unha recuperación do popular; cultivando como Otero, o teatro histórico, arredor da figura de Rosalía de Castro, obras que constitúen ensaios sobre a vida e obra da poetisa máis coñecida de Galicia.

 

Fonte: El Litoral.com

1153 lecturas