Galicia presenta a sua oferta gastronómica e cultural na Expo Shanghai 2010

O programa da Semana de Galicia na Exposición Universal Shanghai 2010 permitiu na sua segunda xornada de actividades comprobar a calidade da oferta gastronómica da Comunidade, así como presentar a vitalidade do panorama cultural do país dende a tradición e a vanguardia.

Listen to this page using ReadSpeaker

Nesta Semana Gastronómica, o cociñeiro galego Pepe Solla contará co apoio de Xosé Cannas, ambos poseedores dunha estrela otorgada pola guía Michelín, quen aportará a sua persoal interpretación da gastronomía galega en colaboración co cocineiro Alvin Leung.

Dentro dos actos da Semana Gastronómica, a cociña do hotel Gran Meliá de Shanghai foi o escenario onde se comprobou en directo o resultado do hermanamento entre a cociña do chef galego Pepe Solla e do cociñeiro chino Alving Leung. Segundo explicaron ambos cociñeiros, a fusión deste «binomio de chefs» basase nas similitudes de ambas cociñas e do seu gusto común, principalmente, polos productos do mar. Entre os pratos que durante esta semana elaborará Pepe Solla, co apoio de Xosé Cannas, destaca o mexilón escabechado co caldo perfumado e puré de zanahoria e o falso tartar de sardiña e mostaza violeta sobre pan de sésamo como aperitivos; a vieira mariñada con cítricos e xenxibre sobre unha ensalada licuada como entrante; o lumbrigante sobre aceite de oliva negro e verduras salteadas como pescados; o muslo de capón guisado con reponerlo estufado e cachelo como prato de carne e unha crema de queixo de Arzúa con mel, mazá e iogur para a sobremesa.

Similitude china

Pola sua parte, Alvin Leung presentará o Xiao Long Bao (bolo de fariña recheo de cerdo e verduras ao vapor), un prato de xamón ibérico con pantorras, vermicelli e espuma de cebola, calamar na sua tinta con cebola verde e lima como aperitivos; carabineiro Har Mi, Nian Goa, con salvia e olivas como entrante; pez mandarín en escabeche ao xerez, con arroz crocante e chícharo doce como prato de pescado; roliños de fariña de arroz recheos de buei Wang Fu e trufa negra como carnes e un sorbete de almendra, peras aol viño, churro de anís estrelado e sésamo de caviar como sobremesa.

Estos chefs enriquecerán o programa gastronómico coa sua proposta de innovación a partir das cociñas tradicionais de China e Galicia.

1511 lecturas