A Xunta promociona en México a marca Artesanía de Galicia e o seu proxecto ‘Artesanía no Prato’

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe en Cidade de México Expo UMEGAL, un evento enfocado a profesionais da hostalería, da gastronomía e do contract.

A iniciativa Artesanía no Prato nace no 2013 co fin de incorporar a Artesanía de Galicia como soporte dos produtos gastronómicos e resultou gañadora do Premio Promociona para Entidades Públicas nos Premios Nacionais de Artesanía 2025.

  • A Xunta promociona en México a marca Artesanía de Galicia e o seu proxecto ‘Artesanía no Prato’
    A Xunta promociona en México a marca Artesanía de Galicia e o seu proxecto ‘Artesanía no Prato’
  • A Xunta promociona en México a marca Artesanía de Galicia e o seu proxecto ‘Artesanía no Prato’
    A Xunta promociona en México a marca Artesanía de Galicia e o seu proxecto ‘Artesanía no Prato’
  • A Xunta promociona en México a marca Artesanía de Galicia e o seu proxecto ‘Artesanía no Prato’
    A Xunta promociona en México a marca Artesanía de Galicia e o seu proxecto ‘Artesanía no Prato’
Listen to this page using ReadSpeaker
Cidade de México (México), 25 de marzo de 2026.

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración impulsa a promoción da marca Artesanía de Galicia no sector da hostalería, da gastronomía e do contract de México a través do proxecto Artesanía no Prato. O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe Expo UMEGAL, organizada pola Unión Mexicana de Empresarios Gallegos en Cidade de México. Este evento enmárcase nunha acción de impulso á promoción internacional do produto artesanal galego e de apertura de novos espazos de mercado inspirados polo vínculo das entidades organizadoras con Galicia.

Artesanía no Prato é un proxecto pioneiro en España que incorpora as pezas de Artesanía de Galicia como soporte dos menús de recoñecidos cociñeiros e cociñeiras para incrementar o seu valor engadido e a súa singularidade. O pasado mes de decembro, esta iniciativa, impulsada pola Fundación Artesanía de Galicia desde o ano 2013, resultou gañadora do Premio Promociona para Entidades Públicas 2025, nos Premios Nacionais de Artesanía.

A través desta iniciativa, únense dous ámbitos vinculados ao territorio e á produción local de xeito que se potencien mutuamente, mellorando a experiencia sensorial para o consumidor e engadindo exclusividade e comunicando a proposta persoal de cada chef.

No ano 2023, co obxectivo de reflectir dez anos de traballo conxunto entre profesionais da artesanía e da gastronomía, a Xunta editou o libro Artesanía no Prato, no que se amosan os numerosos os obradoiros artesanais que colaboran con cociñeiros para crear vaixelas exclusivas e pezas personalizadas. A publicación conta cunha edición ampliada do ano 2025 na que se inclúe unha escolma de fotografías de Stephane Lutier sobre pratos realizados por 15 restaurantes galegos e nas que se amosan pezas de 33 obradoiros de Artesanía de Galicia, especializados en cerámica, en coiro, en madeira, en cestería, en pedra, en olería tradicional, en vidro e na elaboración de coitelos.

Nesta publicación, que tamén se presenta en Expo UMEGAL, amósanse tres casos de colaboración exitosa entre profesionais da artesanía e da gastronomía entre os que se atopan as colaboracións das ceramistas Ana Tenorio co chef Pepe Solla e Laura Delgado coa chef Lucía Freitas, así como a do obradoiro Sangiovanni Lorenzo, especializado en madeira, co chef Javier Olleros.

198 lecturas