Galicia e Canarias coinciden na necesidade de que as comunidades cunha facenda saneada manteñan os incentivos por respectar as normas e teñan unha aplicación máis flexible da regra de gasto

O titular da Xunta recibiu esta mañá ao presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo Batlle.

Expresan o convencemento de que non se está a facilitar que as dúas comunidades poidan dispoñer do orzamento que lles corresponde na súa totalidade, nin para este exercicio nin sobre todo para o futuro.

En relación a Galicia, Feijóo destaca que, só neste 2019, a comunidade viuse prexudicada en case 825 millóns de euros que debería recibir e que aínda non recibiu.

Ambos presidentes inciden en que ser leais á Constitución e respectar as normas non pode estar penalizado no noso país.

Sobre a Sanidade Pública, logo de lembrar que fai moito tempo que a maioría das comunidades veñen reclamando un gran pacto político en España, fixo fincapé na solicitude dunha convocatoria extraordinaria. 

Ademais de expresar a solidariedade con todo o pobo de Venezuela, Feijóo e Fernando Clavijo trasladan o seu apoio para que se tomen medidas de forma urxente ante a situación de emerxencia humanitaria que vive o país.

  • O titular da Xunta recibiu esta mañá ao presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo Batlle
    O titular da Xunta recibiu esta mañá ao presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo Batlle
  • O titular da Xunta recibiu esta mañá ao presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo Batlle
    O titular da Xunta recibiu esta mañá ao presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo Batlle
  • O titular da Xunta recibiu esta mañá ao presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo Batlle
    O titular da Xunta recibiu esta mañá ao presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo Batlle
  • O titular da Xunta recibiu esta mañá ao presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo Batlle
    O titular da Xunta recibiu esta mañá ao presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo Batlle
  • O titular da Xunta recibiu esta mañá ao presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo Batlle
    O titular da Xunta recibiu esta mañá ao presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo Batlle
  • O titular da Xunta recibiu esta mañá ao presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo Batlle
    O titular da Xunta recibiu esta mañá ao presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo Batlle
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de abril de 2019.

O presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo Batlle, e o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coincidiron hoxe na necesidade de que as comunidades cunha facenda saneada manteñan os incentivos por respectar as normas e teñan unha aplicación máis flexible da regra de gasto.

Ambos expresaron o convencemento de que non se está a facilitar que as dúas comunidades poidan dispoñer do orzamento que lles corresponde na súa totalidade, nin para este exercicio nin sobre todo para o futuro.

Así, e no caso das contas de Galicia, Feijóo referiuse, en primeiro lugar, á última mensualidade do IVE correspondente a 2017; unha contía que ascende a 200 millóns de euros e que segue estando condicionada a que o Goberno central dea unha resposta efectiva.

En segundo lugar, dixo, falta a actualización das entregas a conta que, ao igual que no caso anterior, tampouco se materializou en ningunha solución. Ao que engadiu que nunca antes as comunidades se viran prexudicadas por este tema que, no caso de Galicia, se estima que ten un impacto de 330 millóns de euros en 2019.

Por outra banda, e en relación ao superávit orzamentario, o titular da Xunta recordou que son 125 millóns de euros os que a comunidade tiña bloqueados, despois de que se buscase unha solución a través dun Real Decreto aprobado a semana pasada. 

En relación á regra de gasto, Feijóo incidiu en que neste momento parece sensato flexibilizar a súa aplicación para as administracións que xa están tecnicamente en superávit e teñen unha facenda saneada, para evitar así prexudicar a quen cumpre en detrimento de quen incumpre.

Sobre os incentivos para as comunidades cumpridoras, o responsable do Goberno galego recordou a negativa do Executivo central a abonar estes incentivos pese a estar expresamente recollidos nos orzamentos xerais do Estado de 2018, o que se traduce nunha perda de 85 millóns de euros anuais. En definitiva, salientou, só neste 2019, Galicia viuse prexudicada en case 825 millóns de euros que debería recibir e que aínda non recibiu.

Tanto Feijóo como Fernando Clavijo consideraron que é unha pésima mensaxe que as comunidades que cumpren o déficit, a regra de gasto, a débeda pública e o pago a provedores en prazo teñan estes problemas; e que, en cambio, outras comunidades que non respectaron as normas visen condonada a débeda. Ambos mandatarios coincidiron en que ser leais á Constitución e respectar as normas non pode estar penalizado no noso país.

O futuro da Sanidade Pública e a situación do colectivo venezolano
Durante a xuntanza, os dous presidentes tiveron, tamén, ocasión de abordar outros asuntos de interese común para ambas as dúas comunidades como a Sanidade Pública, así como a situación do colectivo venezolano. 

En relación á Sanidade Pública, tanto Galicia como Canarias expresaron a necesidade de abordar con coñecemento os retos do futuro que son comúns, como: dar resposta ao aumento de pacientes crónicos; afrontar a conxuntura de prestar servizos no rural cada vez máis despoboado; desenvolver a medicina de precisión e personalizada ou ampliar a atención domiciliaria.  

Logo de lembrar que fai moito tempo que a maioría das comunidades veñen reclamando a necesidade dun gran pacto político en España pola Sanidade Pública, orientado a salvagardar a calidade e a sustentabilidade do Sistema Nacional, Feijóo fixo fincapé na solicitude por parte de ambas comunidades dunha convocatoria extraordinaria para solucionar o déficit de médicos de familia e pediatras que se saldou coa conseguinte negativa por parte do Ministerio da autorización desas prazas. 

Por último, os dous mandatarios avaliaron a situación que está a sufrir Venezuela. Ademais de expresar a solidariedade con todo o pobo de Venezuela, Feijóo e Fernando Clavijo trasladaron o seu apoio para que se tomen medidas de forma urxente ante a situación de emerxencia humanitaria que vive o país.

Ao respecto, pediron ao Goberno central a adopción de medidas, como un esforzo por parte da Fundación España Salud (FES) para aumentar o número de beneficiarias e beneficiarios que puidesen contar con cobertura sociosanitaria e para atender as súas necesidades básicas a través das tarxetas de alimentos. 

Ademais de destacar os problemas para a homologación de títulos, para canxear o carné de conducir ou para acceder á vivenda, Feijóo referiuse tamén aos problemas para a obtención de permisos de residencia e traballo para as parellas mixtas ou con fillas e fillos sen nacionalidade, o que causa graves trastornos para a súa integración social, xa que é habitual que á ou ao cónxuxe non nacional se lle denegue o permiso de residencia por non dispoñer a unidade familiar de ingresos suficientes.

262 lecturas