'Galegos paso a paso'

Recollemos aquí a noticia sobre o 'Galicia Pórtico Universal en Córdoba' publicada este mércores no Diario de Córdoba.

No centro da imaxe o conferenciante inaugural, José Manuel de Bernardo. Foto: Juan Algar
No centro da imaxe o conferenciante inaugural, José Manuel de Bernardo. Foto: Juan Algar
Listen to this page using ReadSpeaker
Córdoba, 1 de outubro de 2014.

Por suposto que haberá polbo, licores, queixos e viños galegos. Pero tamén poesía, música, conferencias, artesanía, cociña para profesionais... Todo iso para demostrar coa 1ª Mostra Antropolóxica Galega en Córdoba o moito que une histórica e espiritualmente dous pobos aparentemente tan distintos. Aínda que o groso das actividades máis populares, como as gastronómicas, comezarán o venres no Vial Norte nunha carpa que se está a instalar fronte ao hotel AC, onte, para abrir boca, a Deputación acolleu o inicio da outra parte da mostra, centrada nun ciclo de conferencias e unha exposición de dúas localidades do Camiño Mozárabe (Castro do Río e Hinojosa del Duque), da propia Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Córdoba e de Fernán Núñez, que está unida a Galicia pola súa patroa.

A exposición, no medio do auténtico boom do resurximento do movemento xacobeo, non ten desperdicio, por exemplo, para que os futuros peregrinos e peregrinas se informen. Paralelamente, no salón de actos, desenvolveranse ata o xoves o ciclo de conferencias, que onte abriu José Manuel de Bernardo Ares cunha análise sobre a emigración galega; ao que o seguirá hoxe a intervención de José Naranjo Ramírez falando de Santa Mariña de Augas Santas, patroa galega de Fernán Núñez e, mañá, Juan Francisco Cerezo con Los caminos de Santiago, peregrino de las estrellas, ambas as dúas citas ás 20,00 h.

O venres, ademais, sumarase a apertada axenda prevista para a carpa, con momentos como o concerto de Susana Seivane (o sábado ás 21,00 h.), todo iso nunha Mostra Antropolóxica Galega impulsada pola Secretaría Xeral da Emigración da Xunta e a Consellería de Medio Rural e do Mar, que en Córdoba contou co apoio da Casa de Galicia e o patrocinio de Concello e Deputación.

 

Fonte e foto: Diario de Córdoba

1006 lecturas