A exposición fotográfica "Miradas en el camino de Santiago de Compostela. Xacobeo 2010" chega a Córdoba e poderá verse no Paseo del Buen Pastor
Seis fotógrafos galegos contemporáneos narran o espíritu, os personaxes e as paisaxes do Primer Itinerario Cultural Europeo.
Estará emprazada no Paseo del Buen Pastor desde o 22 de marzo ata o 18 de abril.
Córdoba é o cuarto destino no seu recorrido polo interior do país para dar a coñecer Galicia e o Primer Itinerario Cultural Europeo.
Esta iniciativa conta coa colaboración do Consulado General de España, a Fundación Mujer, Paz y Desarrollo, Secretaria de Cultura y Agencia Córdoba Turismo da Provincia de Córdoba, entre outros participantes.
A exposición “Miradas en el Camino de Santiago. Xacobeo 2010” poderá verse no Paseo del Buen Pastor da Cidade de Córdoba desde o próximo lúns 22 de marzo, ata o 18 de abril.
É unha exposición fotográfica organizada pola Xunta de Galicia para difundir en Arxentina o Xacobeo 2010, as suas características e o sentido do peregrinaxe a Compostela. Nela, seis fotógrafos galegos contemporáneos narran o espíritu, os personaxes e as paisaxes do Primer Itinerario Cultural Europeo.
Córdoba é un dos lugares importantes do recorrido que levará a exposición por toda a xeografía arxentina. Logo de visitar Bos Aires, Villa Gesell e Mar del Plata, chega a nosa cidade, onde existe unha gran colonia de emigrantes galegos e españois, unha gran vocación relixiosa e un importante interese pola cultura internacional.
Camiño de Santiago e Xacobeo
Aínda que o Camino de Santiago era nos seus oríxes esencialmente relixioso, hoxe convertiuse, gracias aos seus elementos culturais e paisaxísticos, nunha ruta de contacto entre as diferentes persoas e culturas, o que levou ao Consello de Europa a declaralo Primer Itinerario Cultural Europeo.
O Ano Santo Compostelano e Xacobeo celebrase cando o 25 de xulio, día de Santiago Apóstol, cae en domingo. Cada siglo hai 14 Anos Santos, cunha cadencia de 6-5-6-11 años. 2010 é Ano Xacobeo a Xunta de Galicia quere acercalos festexos e conmemoracións ata Arxentina. Nesta mostra poderá sentir, a través das “miradas” de seis fotógrafos galegos, o perfume dos pinos, o rumor dos ríos e os pasos dos peregrinos no seu Camiño a Santiago de Compostela.
Traballo conxunto
Esta iniciativa conta coa colaboración do Consulado General de España, a Fundación Mujer Paz y Desarrollo. Polo goberno da provincia de Córdoba: a Secretaria de Cultura, a Agencia Córdoba Turismo e o Paseo del Buen Pastor. Tamén participan: Casa de España, Casa de Galicia, Consejo de Residentes Españoles e o Arzobispado de Córdoba.
Novas relacionadas