A FGE forma a inmigrantes e retornados para favorecer o autoemprego no colectivo

O primeiro dos seminarios de Motivación Emprendedora deu comezo hoxe no Centro de Empresarios de Lugo.

Coa posta en marcha dun ciclo de Seminarios para Emprendedores a Fundación Galicia Emigración aposta pola creación e consolidación de empresas, mellorando a empregabilidade do colectivo.

Nel analízase como levar a cabo a transformación dunha idea en proxecto empresarial e ofertaranse os recursos dispoñibles para acadar o éxito na empresa.

O ciclo de seminarios organízase en colaboración co BIC Galicia, coa fin de crear emprego pola vía da creación e o mantemento sostido de novas empresas.

Listen to this page using ReadSpeaker
4 de febreiro de 2010.

A FGE, en colaboración con BIC Galicia, inicia hoxe en Lugo- no Centro de Empresarios- a primeira das xornadas de formación dun ciclo de Seminarios para Emprendedores da Fundación Galicia Emigración que aposta pola creación e consolidación de empresas, mellorando así empregabilidade do colectivo.

No curso referido á Motivación Emprendedora- e dunha xornada de duración- axentes especializados asesorarán ao alumnado e analizarán a viablilidade dos posibles proxectos e os recursos materiais e humanos para poñelos en marcha.

Entre os obxectivos do curso, totalmente de balde para os interesados, trátase a figura do emprendedor e a relación do éxito da empresa a través e as características persoais do emprendedor a través de casos reais de negocio implantados en Galicia.

Co apoio destas iniciativas emprendedoras a Fundación Galicia Emigración busca mellorar o perfil do emprendedor- desde a súa polivalencioa e empregabilidade- e a súa posterior integración no mercado laboral galego, polo que apoia a creación e posta en marcha de empresas nas zonas xeográficas onde se desenvolvan estes seminarios.

O ciclo de seminarios organízase en colaboración co BIC Galicia, coa fin de crear emprego pola vía da creación e o mantemento sostido de novas empresas levadas a cabo por inmigrantes e emigrantes retornados con algún interese en emprender unha actividade empresarial.

O ciclo de Seminarios para Emprendedores completarase cun Seminario para Xeración, Maduración e Avaliciación das ideas empresariais- que transcorrerá ao longo do mes de febreiro e marzo- e un Seminario para Creación de Novos Proxectos de Empresa.

Os interesados para posteriores cursos de formación haberán de dirixirse á Fundación Galicia Emigración:

Fundación Galicia Emigración

Rúa do Vilar, 15. 15705 Santiago de Compostela (España)

T: 0034 981 554463 - Fax: 00346 981554612

autoemprego@fundaciongaliciaemigracion.es

www.fundaciongaliciaemigracion.es

1907 lecturas