Feijóo e o Secretario Xeral Iberoamericano abren unha fase de colaboración para que a Cidade da Cultura se converta na “embaixada cultural“ de Iberoamérica en Europa

A Xunta e a SEGIB acordan asinar un convenio marco que formalice a unión de esforzos en materia migratoria, económica a e cultural.

Estudarán unha serie de iniciativas conxuntas no ámbito cultural co obxectivo de concretar a súa aplicación nos próximos meses.

O presidente galego ve unha “extraordinaria plataforma” na Secretaría Xeral Iberoamericana para reforzar a estratexia de internacionalización da Xunta e acercarse a un mercado de máis de 600 millóns de persoas.

Aposta por potenciar os vínculos en materia migratoria, tendo en conta que case 500.000 galegos viven nalgún dos países da rede iberoamericana e máis de 72.000 cidadáns da mesma residen en Galicia.

Listen to this page using ReadSpeaker

O Secretario Xeral da Secretaría Xeral Iberoamericana (SEGIB) , Enrique Iglesias, e o Presidente da Xunta abriron onte unha fase de colaboración para converter á Cidade da Cultura nunha ponte con América desde a cal se poidan xestar distintas iniciativas culturais conxuntas. Feijóo afirmou que isto é posible porque a Cidade da Cultura ten “vontade internacional e posibilidades internacionais”.

Núñez Feijóo e Iglesias tamén falaron das posibilidades de incrementar a colaboración empresarial, xa que segundo o Presidente da Xunta “Galicia ten na internacionalización de pequenas e medianas empresas un dos seus obxectivos prioritarios” e polo tanto “vai aproveitar o mercado que ofrecen os 600 millóns de residentes en Iberoaméirca para abrir á internacionalización as nosas empresas e os nosos sectores económicos”.

Outra das apostas xurdidas do encontro co Secretario Xeral da SEGIB é a de “potenciar as relacións en materia migratoria xa que case 500.000 galegos residen nalgún dos países Iberoamericananos” e “máis e 72.000 cidadáns de Iberoamérica viven en Galicia.”

Núñez Feijóo afirmou que esta cooperación se formalizará “a partir dun acordo marco que irá concretando ideas específicas como poden ser a incorporación ao programa Ibermuseus, a relación coa Universidade Libre de Iberoamérica, a creación dun foro permanente de cooperación iberoamericana ou a colaboración cos organizadores da Ruta Quetzal.”

Alberto Núñez Feijóo asegurou que deste xeito Galicia “se ofrece como centro de referencia do espazo iberoamericano”.

963 lecturas