Feijóo coñece o proxecto de construción dun monumento que lembra o traballo dos galegos na Canle de Panamá

  • Imaxe da recepción desta mañá
    Imaxe da recepción desta mañá
  • Imaxe da recepción desta mañá
    Imaxe da recepción desta mañá
  • Imaxe da recepción desta mañá
    Imaxe da recepción desta mañá
  • Imaxe da recepción desta mañá
    Imaxe da recepción desta mañá
  • Imaxe da recepción desta mañá
    Imaxe da recepción desta mañá
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu esta mañá ao presidente da Fundación Nosa Terra, Ricardo Gago, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quen lle presentou o proxecto dun monumento dedicado aos máis de 8.000 galegos que participaron na construción da Canle de Panamá no ano 1904.

O titular do Goberno galego coñeceu o proxecto da escultura que se instalará nun lugar emblemático da canle panameña e a través do cal se recordará o esforzo destes galegos por executar esta importante obra de enxeñería esencial para o desenvolvemento económico da humanidade.   

Durante o encontro, Ricardo Gago tamén lle transmitiu a Feijóo que a escultura contará cunha das pas, como elemento simbólico, coas que traballaron estes galegos, moitos dos cales se asentaron en Panamá onde formaron unha familia.

542 lecturas