Feijóo reedita o compromiso cos mozos e mozas da Galicia exterior que queiran continuar a formación na Comunidade e abrir novas oportunidades

O titular do Goberno galego presidiu esta mañá o acto de entrega dos diplomas das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior.

Salienta que estas bolsas teñen como obxectivo axudar a que os 100 mellores expedientes de galegas e galegos residentes no exterior poidan cursar un mestrado nunha universidade galega.

Para acadar este fin, subliña a colaboración das tres universidades, así como a capacidade de empregabilidade dos nichos formativos nos que se están a especializar estas mozas e mozos, procedentes de 16 países.

Traslada a satisfacción de que a Galicia aberta ao mundo, que axudaron a conformar as galegas e os galegos da emigración, contribúa hoxe a que netas, netos e bisnetas e  bisnetos de emigrantes poidan completar os seus estudos na Comunidade.

  • O titular do Goberno galego presidiu esta mañá o acto de entrega dos diplomas das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior
    O titular do Goberno galego presidiu esta mañá o acto de entrega dos diplomas das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2018.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reeditou hoxe o compromiso do Executivo autonómico cos mozos e mozas da Galicia exterior que queiran continuar a súa formación na Comunidade e abrir novos camiños, novos retos e novas oportunidades. Ao respecto referiuse ao acto de entrega dos diplomas das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME, co fin de axudar a que os 100 mellores expedientes académicos de galegas e galegos residentes no exterior poidan cursar un mestrado nunha universidade galega.

Para acadar este obxectivo, Feijóo subliñou durante o acto a colaboración das tres universidades, así como a capacidade de empregabilidade dos nichos formativos nos que se están a especializar estas mozas e mozos, procedentes de 16 países.

“Hai unha Galicia aberta para vós e para os vosos, que ve na Galicia exterior unha fonte de posibilidades para sumar solucións ao problema demográfico e que ve na Galicia interior un fogar para aqueles que pensen en volver, especialmente desde os países da emigración que peor se atopan política e economicamente nestes momentos”, abundou.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta trasladou a satisfacción da Administración autonómica de que a Galicia aberta ao mundo, que axudaron a conformar as galegas e os galegos da emigración, contribúa hoxe a que netas, netos e bisnetas e bisnetos de emigrantes poidan completar os seus estudos na Comunidade, coñecer directamente as súas orixes e abrir a posibilidade de novos horizontes nesta terra.

Logo de recordar que en todos os países dos que proceden estas e estes mozos hai unha galeguidade consolidada, “que sementaron os que se foron desde aquí e que xerminou nos fillos e netos”, Feijóo insistiu en que este programa de bolsas aspira a aproveitar o traballo, o coñecemento, a experiencia e a ambición de todas e todos eles.

Segunda convocatoria
O Consello da Xunta aprobou a pasada semana a segunda convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME promovidas pola Secretaría Xeral da Emigración, coas que a Xunta posibilitará, por segundo ano consecutivo, que tituladas e titulados universitarios galegos de currículo brillante e residentes no estranxeiro, poidan cursar estudos de mestrado nalgunha das tres universidades galegas.

Así mesmo, cómpre salientar que a bolsa, cuxo importe oscila entre os 7.000 e os 7.650 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60 créditos ECTS. E, aquelas e aqueles que se matriculen nun curso de maior duración (90 créditos) disporán dun presuposto total de ata 11.475 euros (en función do continente de procedencia).

2972 lecturas