Feijóo avalía co presidente Mauricio Macri as novas posibilidades económicas que se abren en Arxentina e agarda que as reformas que se están a levar a cabo doten de seguridade e estabilidade ao país

O titular da Xunta mantivo esta tarde unha audiencia co presidente de Arxentina, Mauricio Macri, na que tamén estiveron presentes o secretario de Asuntos Estratéxicos do país e o embaixador de España. 

Salienta que Arxentina é un dos doce países aos que máis exportan as empresas galegas “e é tamén a quinta economía de América, con enormes capacidades”. 

Agradece a acollida do presidente arxentino e expresa a disposición de Galicia para axudar ao país, “na medida das nosas posibilidades”, na súa modernización e para contribuír a dar seguridade á xente que queira investir. 

  • O titular da Xunta mantivo esta tarde unha audiencia co presidente de Arxentina, Mauricio Macri, na que tamén estiveron presentes o secretario de Asuntos Estratéxicos do país e o embaixador de España
    O titular da Xunta mantivo esta tarde unha audiencia co presidente de Arxentina, Mauricio Macri, na que tamén estiveron presentes o secretario de Asuntos Estratéxicos do país e o embaixador de España
  • O titular da Xunta mantivo esta tarde unha audiencia co presidente de Arxentina, Mauricio Macri, na que tamén estiveron presentes o secretario de Asuntos Estratéxicos do país e o embaixador de España
    O titular da Xunta mantivo esta tarde unha audiencia co presidente de Arxentina, Mauricio Macri, na que tamén estiveron presentes o secretario de Asuntos Estratéxicos do país e o embaixador de España
  • Imaxe da xuntanza desta tarde
    Imaxe da xuntanza desta tarde
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 21 de abril de 2016.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avaliou esta tarde co presidente Mauricio Macri as novas posibilidades económicas que se abren en Arxentina e agarda que as reformas que se están a levar a cabo doten de seguridade e estabilidade ao país.

O titular da Xunta destacou tras a xuntanza os obxectivos da folla de ruta do presidente arxentino, centrada en modernizar a economía e querer dar seguridade e estabilidade: “Estamos a falar de baixar a inflación do país, controlar o déficit público e de mellorar as infraestruturas e os servizos públicos”, explicou, incidindo en que “Arxentina é una gran país con grandes posibilidades”.

Feijóo quixo destacar tamén a importancia do encontro desde o punto de vista institucional, “xa que o presidente de Arxentina –precisou- non é so o presidente do país, senón que é o presidente dos máis de 170.000 galegos que viven aquí e que forman parte da sociedade arxentina”.

En segundo lugar, e no eido económico, salientou que Arxentina é un dos doce países aos que máis exportan as empresas galegas “e é tamén a quinta economía de América, con enormes capacidades”.

Feijóo agradeceu a acollida do presidente arxentino e expresou a disposición de Galicia para axudar ao país, “na medida das nosas posibilidades”, na súa modernización e para contribuír a dar seguridade á xente que queira investir.

“Para nós é importante que Arxentina conte con Galicia como porta de entrada a España e a Europa”, abundou, facendo fincapé no interese do mandatario arxentino por modernizar o país, por comprometerse coa economía produtiva e por chamar aos investimentos e a seguridade. 

En imaxes
836 lecturas