EU Settlement Scheme: últimos días para solicitar o permiso de residencia no Reino Unido

O prazo de solicitude do EU Settlement Scheme remata o 30 de xuño de 2021
O prazo de solicitude do EU Settlement Scheme remata o 30 de xuño de 2021
Listen to this page using ReadSpeaker
Bruxelas, 28 de xuño de 2021.

Os cidadáns e cidadás da UE e as e os membros da súa familia que estivesen vivindo no Reino Unido desde antes do 31 de decembro de 2020 e que queiran seguir vivindo, traballando e estudando no Reino Unido teñen que solicitar o EU Settlement Scheme antes do 30 de xuño de 2021. Solicitalo tarde pode supoñer a perda temporal de dereitos, como o acceso á sanidade ou o dereito ao traballo e non solicitalo en absoluto supoñerá a perda permanente destes dereitos.

Tras a decisión do Reino Unido de abandonar a Unión Europea, a liberdade de circulación terminou o 31 de decembro de 2020. Aquelas e aqueles cidadáns da UE e as e os membros da súa familia que chegaron ao Reino Unido antes desa data, e que queren estar protexidos polo Acordo de Retirada para permanecer legalmente no Reino Unido, teñen que solicitar o EU Settlement Scheme.

As consecuencias de non solicitalo poden ser graves. En principio, as persoas que non o soliciten perderán os seus dereitos para traballar, estudar, alugar unha vivenda, acceder á asistencia sanitaria e aos servizos sociais ou abrir unha conta bancaria. As e os que presenten a solicitude fóra de prazo perderán temporalmente estes dereitos ata que se lles conceda o estatuto.

Para solicitalo, pódese acceder á seguinte ligazón: http://gov.uk/eusettledstatus

Máis información: Delegación da UE no Reino Unido

Fonte: Foro Galego do Brexit

796 lecturas