A Estratexia Retorna 2020 viaxa de Chile á Arxentina a través do curso sobre “Management del emprendimiento con success”

O consultor internacional, docente universitario e conferenciante Javier Balbín impartirá as sesións formativas desde hoxe ata o mércores no Centro Gallego de Rosario. 

Ao longo das tres xornadas abórdanse temas como “Aprender, aterrizar las ideas”, “Introducción al gran mundo del marketing” e “Salir al exterior... quizás una experiencia en Galicia”.

  • Ao acto de clausura asistiu tamén o delegado da Xunta de Galicia na Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro
    Ao acto de clausura asistiu tamén o delegado da Xunta de Galicia na Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro
  • O curso foi impartido por Javier Balbín
    O curso foi impartido por Javier Balbín

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018.

A Estratexia Retorna vén de retornar á Arxentina a través do curso sobre Management del emprendimiento con success, que imparte o consultor internacional, docente universitario e conferenciante Javier Balbín. O experto traslada as sesións formativas desde a sede do Lar Gallego de Chile, onde se desenvolveu a pasada semana, ata a cidade arxentina de Rosario, na que arrinca hoxe. Ao longo das tres xornadas que dura o curso, o responsable dos labores formativos abordará cuestións como Aprender, aterrizar las ideas, Introducción al gran mundo del marketing e Salir al exterior... quizás una experiencia en Galicia. É precisamente nesta última clase na que o consultor explica o documento elaborado polo Goberno galego co obxectivo de fomentar o regreso dos galegos e as galegas á súa terra de orixe.

A Estratexia Retorna 2020 está constituída por un total de 53 medidas dirixidas a fomentar o retorno de máis de 20.000 galegas e galegos nos vindeiros tres anos, dos que o 80 %, é dicir, uns 12.000, se busca que sexan menores de 45 anos. As Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), que veñen de pechar o prazo de solicitude da súa segunda convocatoria, e as Axudas ao Retornado Emprendedor son dúas das apostas específicamente elaboradas para facilitar o retorno aos mozos e mozas do exterior. 

Preto de noventa proxectos empresariais
Desde a creación desta última iniciativa o Goberno galego ten apoiado preto de 90 proxectos empresariais de cidadás e cidadáns galegos retornados do estranxeiro, dos que 34 viron a luz na súa derradeira convocatoria, a de 2017. A deste ano abriu o pasado mes de abril, e permanecerá aberto ata o 28 de setembro. As persoas beneficiarias poderán recibir ata 10.000 euros de axuda para financiar os gastos correntes derivados da posta en marcha do seu negocio.

O curso, organizado polo Centro Gallego Asociación Mutual, Cultural y Recreativo, impartirase de luns a mércores desde ás 19 horas na sede do Centro Gallego de Rosario e ten unha duración aproximada de dúas horas por sesión formativa. 

690 lecturas