Escolma das imaxes da homenaxe ás entidades galegas do exterior centenarias durante a celebración do XIII Consello de Comunidades Galegas celebrado en Ourense

A entrega tivo lugar o venres, 22 de setembro, en Ourense
A entrega tivo lugar o venres, 22 de setembro, en Ourense
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración publica as fotografías realizadas durante a entrega da homenaxe ás entidades galegas do exterior de máis de cen anos durante a celebración do XIII Consello de Comunidades Galegas en Ourense. 

A Xunta de Galicia quixo destacar así o importante labor de preservación e divulgación da cultura e tradicións galegas que 19 delas veñen levando a cabo desde hai máis dun século. En concreto, entregóuselle unha placa conmemorativa a dez entidades de Arxentina (Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas, Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión, Ribadumia Casa Gallega de Cultura en Buenos Aires, Centro Gallego de Santa Fe, Asociación Centro Partido de Carballiño, Asociación Civil Galega Fillos do Porto do Son, Asociación Galega Residentes de Mos, Asociación Civil Unión Residentes de Outes, Sociedad Parroquial de Vedra e Centro Gallego de Avellaneda); cinco de Cuba (Sociedad Estudiantil Concepción Arenal, Asociación Monterroso y Antas de Ulla, Sociedad La Aurora de Somozas, Sociedad de Beneficiencia de Naturales de Galicia e Agrupación Artística Gallega); e unha de México (Centro Gallego de México, Asociación Civil, Ciudad de México), de Portugal (Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa), de España (Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo) e de Uruguay (Centro Gallego de Montevideo).

383 lecturas