Emigración, a USC e representantes do Instituto Tecnológico de Monterrey poñen sobre a mesa sinerxías na colaboración educativa Galicia-México

Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE na capital de Galicia
Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo cos e coas representantes da Universidade de Santiago de Compostela e do Instituto Tecnológico de Monterrey na que se puxo sobre a mesa as posibles sinerxías na colaboración educativa Galicia-México.

Na reunión estiveron presentes o vicerrector de Relaciones Institucionales do Instituto Tecnológico de Monterrey, José Manuel Páez Borrallo, a directora de Desarrollo Internacional de Iniciativas Globales, Alejandra Vilalta, así como Pilar Taboada, directora dos cursos internacionais da USC. Rodríguez Miranda destacou a importancia do traballo conxunto á hora de facilitar a formación universitaria en Galicia. 

367 lecturas