Rodríguez Miranda felicita aos responsables do proxecto ‘Laboratorio de Radio’ tras recibir o premio CEMEX-Tec de Monterrey

A Secretaría Xeral da Emigración tivo así coñecemento da potencialidade das ondas para potenciar a comunicación cos galegos e as galegas do exterior.

Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Compostela
Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu aos responsables do proxecto ‘Laboratorio de Radio’ para felicitarlles tras recibir o premio CEMEX-Tec de Monterrey, México.

Sergio Pascual e Lucia Abarrategui, veciños de Betanzos, conforman esta firma dedicada ao mundo da radio, realizando, dende fai anos, obradoiros interxeracionais, coa participación de nenas e nenos e maiores, elaborando contidos radiofónicos emitidos por podcast a través de redes sociais e internet, e utilizando o medio de comunicación das ondas para poñer en marcha o seu proxecto ‘Laboratorio de Radio’, que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas, aportando beneficios lúdicos, pedagóxicos, terapéuticos e inclusivos. 

Dende esta perspectiva, Rodríguez Miranda felicitounos polo seu labor e por este último premio recibido pola Fundación Ashoka do país norteamericano. 

Neste mesmo senso, o secretario xeral tamén analizou a posibilidade de poñer en marcha vías de colaboración de cara a potenciar a comunicación cos galegos e as galegas do exterior aproveitando a potencialidade do mundo das ondas. 

Pero, ademais, ‘Laboratorio de Radio’ tamén recibiu fai un ano outro galardón, neste caso da Universidade Europea de Madrid, destinados a novas e novos emprendedores sociais, e que conta co recoñecemento tamén da International Youth Foundation e a Laureate International Universities. 

639 lecturas