Listados provisionais de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2021

Listen to this page using ReadSpeaker
1250 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De acordo co establecido no artigo 16 da resolución do 13 de xaneiro de 2021, da Secretaría  Xeral da Emigración, pola que se aprobaron as bases reguladoras e procedeuse á convocatoria de duascentas (200) bolsas excelencia mocidade exterior (BEME 2021), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2021/22 nunha universidade galega, procédese á publicación de:

Proposta de resolución provisional de persoas candidatas, suplentes e excluídas da bolsa
Descargar
Listado provisional de 200 candidatos/as á bolsa ordenado polas puntuacións outorgadas Listado provisional de 200 candidatos/as á bolsa ordenado por orde alfabética de apelido
Descargar Descargar
Listado provisional de 100 candidatos/as suplentes ordenado polas puntuacións outorgadas Listado provisional de 100 candidatos/as suplentes ordenado por orde alfabética de apelido
Descargar Descargar
Listado provisional de 50 candidatos/as  excluídos/as por non alcanzar un número de orde na  baremación dos méritos, que lle permita continuar no proceso de selección (ordenado polas puntuacións outorgadas) Listado provisional de 50 candidatos/as  excluídos/as por non alcanzar un número de orde na  baremación dos méritos, que lle permita continuar no proceso de selección (ordenado alfabeticamente por apelido)
Descargar Descargar
Listado provisional de 120 solicitantes de bolsa excluídos/as
Descargar

 

Nos casos de empate na puntuación obtida, deuse prioridade a quen tivera unha nota media máis alta no expediente académico, en segundo lugar á maior vinculación con Galicia, e en terceiro lugar á maior idade da persoa solicitante, segundo o establecido no artigo 15.4 da resolución da convocatoria.

Esta proposta de resolución provisional notifícase ás persoas interesadas mediante a súa publicación nesta web, para que no prazo de cinco (5) días hábiles a contar a partir do seguinte ao da publicación, presenten as alegacións oportunas.

Unha vez transcorrido o prazo de alegacións publicaranse na web as Listaxes Definitivas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS DO 24 ao 30 XUÑO DE 2021 (ás 23.59 horas horario peninsular española) ambos incluídos.

IMPORTANTE: 
Para enviar as alegacións debe entrar na plataforma de bolsas onde realizou a solicitude da bolsa no menú da esquerda na opción “Alegación”.

Por outra banda, se algunha persoa da listaxe provisional de candidatos/as ou suplentes decidise non continuar no proceso de selección desta convocatoria de bolsas, debe enviar a través da plataforma de bolsas un escrito para renunciar, que tamén está no menú da esquerda na opción de “Renuncia”, para non prexudicar a outros/as candidatos/as ou suplentes que poderían ter opción de ser bolseiros/as.

Data de publicación: 
23.06.2021
Data fin de prazo: 
30.06.2021