Emigración publica catro vídeos informativos sobre como solicitar a Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior - BEME Máster

Nestes vídeos explícanse as cuestións máis importantes relativas ás bolsas BEME
Nestes vídeos explícanse as cuestións máis importantes relativas ás bolsas BEME
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración recorda que está aberta a nova convocatoria da Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para que galegas e galegos universitarios residentes no exterior poidan facer un máster o próximo curso nas universidades galegas.

Para facilitar os trámites, a Secretaría Xeral da Emigración, publica na súa páxina web de GaliciaAberta catro vídeos nos que se poden coñecer os obxectivos desta bolsa, os  requisitos que debe cumprir unha ou un universitario galego do exterior para solicitalas, a súa tramitación e os pasos e documentación que se debe presentar.  Pódense consultar nesta ligazón.

234 lecturas