Emigración participa no acto de benvida ao alumnado internacional que estudará na USC este curso académico
A subdirectora xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais, María Baleato, participou no acto de benvida ao alumnado internacional que estudará na USC este curso académico, que tivo lugar hoxe no Pazo de Fonseca. A representante de Emigración recordou aos alumnos e alumnas que Galicia é unha terra que sabe acoller á xente que chega dos países do exterior e que agradece a pegada cultural e social que aportan.
O acto, organizado pola Oficina de Captación Internacional desta universidade, contou coa presenza do reitor da USC, Antonio López Díaz, e a directora xeral de Turismo, Nava Castro. O Internacional Students Welcome Day é un evento que serve para dar a benvida ás e aos máis de 1.000 estudantes estranxeiros cos que conta cada ano nas súas aulas a universidade compostelá. Ao acto asistiron estudantes de máis de 35 países.
Novas relacionadas