Xornada informativa - Webinar sobre as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior #BEME 2021-2022 (sesión para Europa)

Listen to this page using ReadSpeaker
454 lecturas

O luns 29 de marzo ás 19:00 h (hora española), a Secretaría Xeral da Emigración organiza a Xornada informativa en liña - Webinar sobre as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) 2021-2022 para mozas e mozos galegos residentes no exterior que queiran cursar un máster nunha das universidades de Galicia.

  • A actividade está orientada a estudantes nacidos/as en Galicia ou descendentes de galegos/as que residan no exterior e queiran  coñecer máis información sobre o programa, e tamén a entidades académicas, centros, institucións etc. interesadas.
  • A Secretaría  Xeral da Emigración presentará a 5ª edición das bolsas, que conta con 200  prazas, o número  máis alto dende o inicio  do programa.
  • Esta xornada está especialmente dirixida ás/aos interesados/as residentes en Europa, África, Asia e Oceanía.

Inscricións/Rexistro:  picar aquí

Máis información: beme.emigracion@xunta.gal  | Tlf. & WhatsApp: +34 604 068 008

Xornada informativa - Webinar sobre as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior #BEME 2021-2022 (sesión para Europa)
Evento: 
Webinar
Organiza: 
Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia
Data: 
29.03.2021
Hora: 
19:00
Lugar:
Secretaría Xeral da Emigración
Praza de Mazarelos, 15
Santiago de Compostela - 15703A Coruña
España