Xornada informativa - Webinar sobre as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior #BEME 2021-2022 (2ª quenda para América)
O martes 30 de marzo ás 19:00 h (hora española), a Secretaría Xeral da Emigración organiza a Xornada informativa en liña - Webinar sobre as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) 2021-2022 para mozas e mozos galegos residentes no exterior que queiran cursar un máster nunha das universidades de Galicia.
- A actividade está orientada a estudantes nacidos/as en Galicia ou descendentes de galegos/as que residan non exterior e queiran coñecer máis información sobre o programa, e tamén a entidades académicas, centros, institucións etc. interesadas.
- A Secretaría Xeral da Emigración presentará a 5ª edición das bolsas, que conta con 200 prazas, o número máis alto dende o inicio do programa.
- Esta xornada está especialmente dirixida ás/aos interesados/as residentes en América.
Inscricións/Rexistro: picar aquí
Máis información: beme.emigracion@xunta.gal | Tlf. & WhatsApp: +34 604 068 008

Evento:
Webinar
Organiza:
Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia
Data:
30.03.2021
Hora:
19:00
Lugar:
Secretaría Xeral da Emigración
Praza de Mazarelos, 15
Santiago de Compostela - 15703A Coruña España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





