Emigración ofrece un vídeo resumo do programa Conecta co Camiño que permitiu achegar Galicia a medio centenar de mozos e mozas galegos do exterior

Conecta co Camiño 2023
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración quere felicitar, a través dun vídeo resumo, a tódolos participantes no programa Conecta co Camiño que, durante unha semana, achegáronse a cultura e a sociedade de Galicia a través dos diferentes tramos de andaina ata Santiago de Compostela. Tamén participaron en diversas actividades orientadas a coñecer aspectos da historia xacobea e o patrimonio cultural vencellado á zona da contorna, sendo para moitos a primeira oportunidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

Este programa permitiu que 50 galegos do exterior de entre 18 e 20 anos procedentes de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado realizaran o Camiño Portugués pola Costa e coñeceran aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego.

371 lecturas