Emigración lembra a importancia do investimento en Galicia das empresas de orixe galega nadas no exterior

O secretario xeral participou na apertura do VIII Encontro Internacional de Empresarios Galegos na Illa da Toxa. 

Antonio Rodríguez Miranda destacou a gran iniciativa emprendedora que teñen as e os galegos retornados.

  • Imaxe desta mañá no VIII Encontro Internacional de Empresarios Galegos na Illa da Toxa
    Imaxe desta mañá no VIII Encontro Internacional de Empresarios Galegos na Illa da Toxa
  • Imaxe desta mañá no VIII Encontro Internacional de Empresarios Galegos na Illa da Toxa
    Imaxe desta mañá no VIII Encontro Internacional de Empresarios Galegos na Illa da Toxa
VIII Encontro Internacional de Empresarios Galegos
Listen to this page using ReadSpeaker
O Grove (Pontevedra), 28 de xullo de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na apertura do VIII Encontro Internacional de Empresarios Galegos no ‘Eurostars Gran Hotel La Toja’ da Illa da Toxa (O Grove), organizado pola Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA).

A este acto tamén asistiron representantes do Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia e o presidente de AEGAMA, Julio Lage. Ademais, contou coa presenza de diferentes asociacións empresariais e empresarias e empresarios galegos tanto a nivel nacional  como internacional, procedentes de países como Portugal, Francia México, Brasil, Estados Unidos, Uruguai ou República Dominicana. 

O secretario xeral da Emigración destacou durante a súa intervención a importancia da aposta das empresas de orixe galega radicadas no exterior por investir en Galicia, así como tamén solicitou ás e aos empresarios afincados na nosa comunidade autónoma a súa colaboración para facilitar a contratación das galegas e galegos retornados, “de xeito que poidan axudar a fixar poboación e atraer experiencia e formación doutros lugares do mundo que permitan potenciar a nosa economía nunha época globalizada coma a actual”.

Miranda fixo fincapé na gran iniciativa emprendedora que teñen as e os galegos retornados “ao lado dos que vai a estar o Goberno galego para que o seu soño empresarial poida ser unha realidade”.

O encontro permitiu tamén que os empresarios e empresarias alí presentes puideran analizar con expertos cuestións como a actual situación económica, a innovación, os avances tecnolóxicos ou o impacto dos fondos Next Generation.

602 lecturas