Emigración lembra ás e aos universitarios galegos do exterior que está a piques de rematar o prazo de presentación de solicitudes das bolsas BEME
MARÍA - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2022.
A Secretaría Xeral da Emigración recorda as mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria que aínda están a tempo de solicitar unha Bolsa Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para cursar un máster o próximo curso nunha das universidades galegas. O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 deste mes.
No seguinte vídeo podemos ver a experiencia que viviu María Valverde, estudante bolseira BEME da Universidade de Vigo na actualidade, retornada do Reino Unido, quen conseguiu unha destas bolsas que lle permitiu mellorar a súa formación en Galicia de cara á busca dun futuro emprego.
Novas relacionadas