Emigración creará a figura do mediador cultural para o inmigrante

O subdirector xeral de Inmigración e Retorno defendeu, nas VII xornadas de sensibilización sobre inmigración e interculturalidade da UDC, “os procesos de integración social de carácter bidireccional que implican tanto ao inmigrante como á sociedade de acollida”.

Coa figura do mediador cultural “tenderanse pontes ou nexos entre os distintos actores sociais, coa el fin de previr ou resolver posibles conflictos, potenciar a comunicación e traballar a favor da convivencia intercultural, harmónica e da igualdade de oportunidades”.

A Secretaría Xeral da Emigración porá en funcionamento en 2009 o Programa de mediación intercultural para o colectivo que orientará e asesorará á administración local e entidades de iniciativa social en materia de mediación intercultural.

Listen to this page using ReadSpeaker
5 de novembro de 2009.

O subdirector xeral de Retorno e Inmigración, Antonio Aguarón Turrientes, ven de inaugurar as VII xornadas de sensibilización sobre inmigración e interculturalidade, organizadas pola Universidade de A Coruña para o desenvolvemento de programas de apoio á integración do colectivo en Galicia, a través da formación e voluntariado social no ámbito universitario.

No transcurso da súa conferencia inaugural, Aguarón defendeu “os procesos de integración social de carácter bidireccional que implican tanto ao inmigrante como ao conxunto da sociedade de acollida”. Daí, que a Secretaría Xeral da Emigración “porá en funcionamento este 2009 o Programa de mediación intercultural para inmigrantes e emigrantes retornados que orientará e asesorará ás redes ordinarias do sistema público”, explicou,- especialmente concellos e mancomunidades- ademais de entidades de iniciativa social, que traballan co colectivo en materia de mediación intercultural.

Figura do mediador cultural
“Crearase a figura do mediador intercultural”, apuntou o subdirector xeral, “tendendo pontes ou nexos de unión entre os distintos actores; coa el fin de previr ou resolver posibles conflictos, potenciar a comunicación e traballar a favor da convivencia intercultural, harmónica e da igualdade de oportunidades”.

As xornadas- desenroladas entre o 5 e 6 de novembro- centraranse na xestión da diversidade cultural na empresa e no sistema educativo, o acceso e a utilización da sanidade pública dos inmigrantes ou no tratamento informativo que os medios de comunicación fan do colectivo, como “clave da normalización social”. Así mesmo, introduciranse puntos de debate para a reflexión entre os diferentes axentes sociais implicados na reforma da lei de estranxeiría, a reinserción socioeconómica dos retornados ou a interculturalidade nos centros penitenciarios.

95.568 inmigrantes
Nos últimos oito años, o número de personas inmigrantes que residen en España tense multiplicado por cinco, pasando de 923.000 a 5.220.557. En Galicia, nestes últimos oito anos o número de inmigrantes pasou de 25.602 a 95.568.

1963 lecturas